Revolución Industrial

A Máquina de Vapor

O invento clave da Primeira Revolución Industrial foi a máquina de vapor. Aínda que se utilizaba desde hai tempo para extraer auga das galerias das minas, o seu mecanismo era imperfecto e o seu rendemento, mediocre, ata que no ano 1769 James Watt patentou unha máquina que, cun menor consumo de combustible, producía unha corrente continua de vapor capaz de facer xirar unha roda a un ritmo constante.

A enerxía de vapor supuxo un cambio revolucionario. Aplicouse a diversas industrias, como a téxtil, a siderurxia e ao ferrocarril. Por outro lado, propiciou o desenvolvemento da minaría, ao precisar carbón mineral para o seu funcionamiento.

Fotos

Palabras Clave

Revolucion Agraria: Serie de transformacións que modernizaron a agricultura e a gandaría e incrementaron a produción.

Revolución Industrial: A revolución industrial supuxo o auxe do comercio e do transporte, xa que as imdustrias demandaban materias primas e os produtos manufacturados tiñan que chegar aos consumidores.

Factorias: Nas cales un elevado número de obreiros, manexaban máquinas que producían enormes cantidades de pano a un prezo tan baixo que ningún produto tradicional podía competir con el. Localidades como Manchester multiplicaron a súa población por vinte en menos dun Século.


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar